Noticias

Igape fábrica intelixente

Axudas orientadas a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras.

Descrición e obxectivos

Concesión de axudas para fomentar o investimento privado para o financiamento da innovación a través do apoio a grandes proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico para o tecido industrial galego en liña coas tendencias internacionais da fábrica do futuro, fábrica intelixente e da industria 4.0, todo isto incluído no plan de acción da RIS3 de Galicia.

Máis información

axudas.gain@xunta.gal
981 95 73 03
981 95 78 72
881 99 93 55

Condicións dos beneficiarios

  • Empresas industriais cun establecemento permanente legalmente constituído en Galicia, que poidan liderar proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico Atendendo ao seu tamaño poden ser pequenas, medianas e grandes.
  • Agrupacións dunha empresa ou empresas e un organismo de investigación e difusión que realicen proxectos en cooperación.

Condicións específicas dos proxectos

Deberán ser proxectos empresariais de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación en materia de organización e procesos, con un orzamento subvencionable mínimo de 2.000.000 de euros e un máximo de 10.000.000 de euros. Poderán ser proxectos individuais dunha empresa ou en cooperación.

Debido ao efecto incentivador que establece o Regulamento (UE) nº 651/2014, a data de inicio do proxecto debe ser posterior á da presentación da solicitude da subvención.

A duración mínima dos proxectos será de tres anualidades e a máxima estenderase ata o 30 de xuño de 2022.

Actividades subvencionables

Son actividades subvencionables a investigación industrial, o desenvolvemento experimental e a innovación en materia de organización e procesos.

Gastos subvencionables

  • Custos directos: aqueles que están directa e inequivocamente relacionados coa actividade subvencionada e cuxo nexo con esta actividade poida demostrarse. Considéranse custes directos:
    • Custo de persoal
    • Custo de equipamento e material instrumental de nova adquisición
    • Materiais, subministracións e produtos similares
    • Adquisición de patentes
    • Servizos tecnolóxicos externos
    • Subcontratacións
    • Outros custos: o custo derivado do informe realizado polo auditor respecto ao proxecto que se require para a súa xustificación
  • Custos indirectos: aqueles que non están vinculados ou non poden vincularse directamente coa actividade subvencionada pero que resultan necesarios para a súa realización: xestión administrativa e contable, gastos de supervisión e control de calidade; subministracións tales como auga, electricidade, calefacción e teléfono; seguros, seguridade ou gastos de limpeza. Os custos indirectos corresponderanse co importe resultante de aplicar unha porcentaxe de ata o 10% aos custos de persoal imputados ás actividades do proxecto.
  • En la web