Noticias

XORNADA TÉCNICA: IMPULSANDO A INDUSTRIA Á TRANSFORMACIÓN DIXITAL

A Xunta participa na xornada Impulsando a industria á transformación dixital, na que representantes do Igape e da Axencia Galega de Innovación (Gain) informarán sobre os programas de impulso á Industria 4.0, e na que a Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME) presentará a súa oficina de transformación dixital, proxecto apoiado pola entidade pública Red.es.

No encontro, que se celebrará o martes 26 de febreiro a partir das 9.30 horas na sede de ASIME en Vigo (avenida Doctor Corbal 51), os participantes poderán ademais coñecer experiencias de empresas do séctor metalúrxico no eido da dixitalización.

Programa

www.igape.es