Noticias

IGAPE: XORNADA TÉCNICA CAPACITA: MÁIS ALÁ DA TRANSFORMACIÓN DIXITAL. A EMPRESA INTELIXENTE

No marco do proxecto Capacita Directivos, o Igape, o Círculo Financeiro de Galicia e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) organizan a xornada técnica Máis alá da transformación dixital: a empresa intelixente, que se desenvolverá o vindeiro 27 de xuño a partir das 9 h na Coruña na sede do Club Financeiro Atlántico (avenida Salvador de Madariaga, 76).

O encontro está dirixido a empresarios e directivos das pemes galegas, representantes de asociacións empresariais sectoriais e clústeres, así como das universidades, laboratorios tecnolóxicos e centros de investigación e desenvolvemento.

Os asistentes poderán coñecer os retos que afronta a industria en Galicia coa incorporación das tecnoloxías emerxentes. Ademais, terá lugar unha mesa redonda onde se debaterá sobre a transformación dixital das empresas e abordaranse temas como a intelixencia artificial, o internet das cousas, o big data, o blockchain ou os contidos inmersivos.

Máis información
Inscrición e reservas (aforo limitado)
Teléfono 981130347

IGAPE