Igape fábrica intelixente
Axudas orientadas a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras.
Descrición e obxectivos
Concesión de axudas para fomentar o investimento privado para o financiamento da innovación a través do apoio a grandes proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico para o tecido industrial galego en liña coas tendencias internacionais da fábrica do futuro, fábrica intelixente e da industria 4.0, todo isto incluído no plan de acción da RIS3 de Galicia.
- Intensidade da Axuda: dependendo do tipo de empresa e tipo de proxecto a intensidade vai dende un 15% a un 80%.
- Beneficiarios: empresas (pemes o grandes), agrupacións de empresas, organismos de investigación
- Organismo xestor: Axencia Galega de Innovación
- Tipo de apoio: subvencións a fondo perdido
- Código do procedemento: IN854A
- Convocatoria publicada no DOG
- Data de publicación no DOG: 08/02/2019
- Prazo de presentación de solicitudes:
- Primeira edición: 1 mes desde o día seguinte á publicación no DOG
- Segunda edición: desde o día seguinte á publicación da resolución de concesión da primeira edición no DOG ata o 31/07/2019
- Presentación de solicitudes: https://sede.xunta.gal
- Preguntas frecuentes (pdf)
- Programa Industrias do Futuro 4.0 (Fábrica intelixente) dunha ollada (pdf)
- Guía Comisión Europea definición Peme (pdf)
Máis información
axudas.gain@xunta.gal
981 95 73 03
981 95 78 72
881 99 93 55
Condicións dos beneficiarios
- Empresas industriais cun establecemento permanente legalmente constituído en Galicia, que poidan liderar proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico Atendendo ao seu tamaño poden ser pequenas, medianas e grandes.
- Agrupacións dunha empresa ou empresas e un organismo de investigación e difusión que realicen proxectos en cooperación.
Condicións específicas dos proxectos
Deberán ser proxectos empresariais de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación en materia de organización e procesos, con un orzamento subvencionable mínimo de 2.000.000 de euros e un máximo de 10.000.000 de euros. Poderán ser proxectos individuais dunha empresa ou en cooperación.
Debido ao efecto incentivador que establece o Regulamento (UE) nº 651/2014, a data de inicio do proxecto debe ser posterior á da presentación da solicitude da subvención.
A duración mínima dos proxectos será de tres anualidades e a máxima estenderase ata o 30 de xuño de 2022.
Actividades subvencionables
Son actividades subvencionables a investigación industrial, o desenvolvemento experimental e a innovación en materia de organización e procesos.
Gastos subvencionables
- Custos directos: aqueles que están directa e inequivocamente relacionados coa actividade subvencionada e cuxo nexo con esta actividade poida demostrarse. Considéranse custes directos:
- Custo de persoal
- Custo de equipamento e material instrumental de nova adquisición
- Materiais, subministracións e produtos similares
- Adquisición de patentes
- Servizos tecnolóxicos externos
- Subcontratacións
- Outros custos: o custo derivado do informe realizado polo auditor respecto ao proxecto que se require para a súa xustificación
- Custos indirectos: aqueles que non están vinculados ou non poden vincularse directamente coa actividade subvencionada pero que resultan necesarios para a súa realización: xestión administrativa e contable, gastos de supervisión e control de calidade; subministracións tales como auga, electricidade, calefacción e teléfono; seguros, seguridade ou gastos de limpeza. Os custos indirectos corresponderanse co importe resultante de aplicar unha porcentaxe de ata o 10% aos custos de persoal imputados ás actividades do proxecto.
- En la web